Toimil Grúas

Hnos. TOIMIL GARCÍA, S.L. iniciou a súa actividade como fabricante da man dos seus fundadores, D. José e D. Manuel Toimil García.

Situada no noroeste da Península Ibérica, Hnos. TOIMIL GARCÍA, S.L.ofrece os seus servizos desde Lalín, no mesmo centro da comunidade autónoma galega e a moi poucos quilómetros de Santiago de Compostela.

Desde esta posición, somos capaces de aportar ao cliente as mellores solucións adaptándonos a cada unha das súas necesidades, grazas a unha ampla rede comercial dentro do territorio nacional e mesmo internacional por medio dos nosos distribuidores.

A día de hoxe, coa segunda xeración á cabeza da compañía, podemos confirmar que case non existe país no mundo no que non se atopen grúas da nosa marca.

O afán de superación e o constante proceso de mellora son as nosas premisas para optimizar os nosos produtos de xeito que satisfagan as novas necesidades que xorden nos nosos clientes.

nave