Coa adquisición dunha das nosas grúas ou remolques Toimil, vostede ten dereito a soporte e mantemento específico. Pensando no benestar do noso cliente, achegamos a nosa experiencia para garantir os mellores resultados da nosa maquinaria. Por elo, vostede poderá elixir os servizos que precisa para o mantemento dos nosos produtos, dispoñendo ademais de soporte telefónico os 365 días do ano para resolver calquera consulta.

O centro de servizo Toimil ofrece un soporte de asistencia rápido e fiable para o mantemento dos nosos produtos segundo as súas necesidades, garantíndolle a mellor atención.

A extensa rede de servizos Toimil consta aproximadamente de 40 centros de servizos en todo o mundo, prestando asistencia aos nosos clientes en base aos métodos específicos de operación que se levan a cabo en cada país.

En todos os países, o persoal de mantemento e asesores foron instruídos e certificados para garantir a eficacia do servizo Toimil. Deste xeito, o noso centro de servizo e equipo de mantemento xestiona o asesoramento en cuestións relacionadas con Toimil e os concesionarios de servizo técnico.

Ademais poñemos a súa disposición un formulario de contacto no que poderá remitirnos as súas consultas sobre pezas de recambio e recibir o máis completo asesoramento personalizado.

TOIMIL ACCESORIOS

Dentro de Accesorios Toimil atopará aqueles produtos de alta calidade deseñados para os profesionais da silvicultura, así como para outras tarefas de carácter menos industrial e que comprenden actividades de lecer ou necesidades básicas do seu fogar.

Esta sección inclúe roupa e accesorios, ferramentas e demais instrumentos precisos para desempeñar tarefas relacionadas coa silvicultura.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA